26 | 03 | 2017

Strict Standards: Non-static method modDJImageSliderHelper::getImagesFromFolder() should not be called statically in /home/aticom12/public_html/cesuras.es/modules/mod_djimageslider/mod_djimageslider.php on line 48

Strict Standards: Non-static method modDJImageSliderHelper::getSlideTarget() should not be called statically in /home/aticom12/public_html/cesuras.es/modules/mod_djimageslider/helper.php on line 48

Strict Standards: Only variables should be assigned by reference in /home/aticom12/public_html/cesuras.es/modules/mod_djimageslider/mod_djimageslider.php on line 57

Strict Standards: Non-static method modDJImageSliderHelper::getAnimationOptions() should not be called statically in /home/aticom12/public_html/cesuras.es/modules/mod_djimageslider/mod_djimageslider.php on line 84

Strict Standards: Non-static method modDJImageSliderHelper::getStyleSheet() should not be called statically in /home/aticom12/public_html/cesuras.es/modules/mod_djimageslider/mod_djimageslider.php on line 96

Strict Standards: Non-static method modDJImageSliderHelper::getNavigation() should not be called statically in /home/aticom12/public_html/cesuras.es/modules/mod_djimageslider/mod_djimageslider.php on line 99
  • 1166787142647.jpg
  • 1166787184999.jpg
  • 1166787193490.jpg
  • 1166787198770.jpg
  • 1166787206517.jpg
Concello
Concello Dixital
Situación
Turismo

Xeografía

O relevo do municipio é accidentado, debido a que se forma entre as estribacións da meseta de Curtis e o profundo cauce das correntes fluviais que o atravesan; das que, o Mendo e o Mero son as principais. Os outros riachuelos e regatos, tributarios dos anteriores, van creando un sucesión de montes e vales que fan que alternen as terras de montaña e as de ribeira.

AereaConcello

En todo o territorio existen numerosas fontes como son as de: Rorís, Candieiras, Os Fiaños, Trasanquelos, O Casal, Rilo, A Regueira, A Fontecativa, Figueredo, Os Leiros, O Pinche, O Paraxón, A Estación, O Forte, O Sanatorio, O Rego do Inferno, A Igrexa de Dordaño,...

O clima é o que corresponde ó seu lugar de transición entre As Mariñas e as terras altas da meseta interior. Predominan polo tanto as características do clima atlántico húmido, algo recrudecido pola altura e a relativa lonxanía do mar.

Hai un casco semi-urbano que está situado en Bragade.Segundo datos do último Padrón Municipal de Habitantes, a 1 de xaneiro de 2011, Cesuras conta con 2.225 habitantes.

A estructuración do solo responde ó modelo socioeconómico desta zona, dos espacios do interior, que é principalmente agrícola e gandeiro. Así, as principais fontes de riqueza do municipio, son as que proveñen da gandeiría e da agricultura. Máis do 70% da poboación activa ocúpase nestas actividades. Ó tratarse dun concello sen localizacións industriais nin terciarias, experimentou intensos e persistentes procesos migratorios, que recortan o volume poboacional nas ultimas décadas. A emigración e a reconversión agropecuaria, son claves para a comprensión do modelo socioeconómico do municipio.

VistaConcello

Este concello é inminentemente agrícola e gandeiro, pero a poboación máis xoven non se adica a este sector aínda que é onde poden xurdir máis perspectivas de traballo. Tamén pode crearse algún emprego no sector servicios paralelo ó turismo rural.

Hoxe, Cesuras entronca o seu proxecto de futuro cás súas raíces. Símbolo delo son a restauración da Antiga Casa Consistorial, convertíndoa en Museo Etnográfico, e a recuperación de muiños como os da Bazaqueira e da Forcada.

Así como a rehabilitación, pola iniciativa privada, da finca o Sooxal que ofrece ao viaxeiro hospedaxe e actividades ao máximo nivel.

Esta aposta por atraer ós amantes da natureza e da tranquilidade, se complementa coa sinalización de rutas de sendeirismo polos lugares máis entrañables do municipio e coa mellora de infraestructuras que dinamizan a rehabilitación e ocupación das casas vellas de pedra.

buzon

logo Mandeo

1202298128630

1210238541241

1202298275583   

1202297526807

  logo-marinas-betanzos

  diputacion