26 | 03 | 2017

Strict Standards: Non-static method modDJImageSliderHelper::getImagesFromFolder() should not be called statically in /home/aticom12/public_html/cesuras.es/modules/mod_djimageslider/mod_djimageslider.php on line 48

Strict Standards: Non-static method modDJImageSliderHelper::getSlideTarget() should not be called statically in /home/aticom12/public_html/cesuras.es/modules/mod_djimageslider/helper.php on line 48

Strict Standards: Only variables should be assigned by reference in /home/aticom12/public_html/cesuras.es/modules/mod_djimageslider/mod_djimageslider.php on line 57

Strict Standards: Non-static method modDJImageSliderHelper::getAnimationOptions() should not be called statically in /home/aticom12/public_html/cesuras.es/modules/mod_djimageslider/mod_djimageslider.php on line 84

Strict Standards: Non-static method modDJImageSliderHelper::getStyleSheet() should not be called statically in /home/aticom12/public_html/cesuras.es/modules/mod_djimageslider/mod_djimageslider.php on line 96

Strict Standards: Non-static method modDJImageSliderHelper::getNavigation() should not be called statically in /home/aticom12/public_html/cesuras.es/modules/mod_djimageslider/mod_djimageslider.php on line 99
  • 1166787142647.jpg
  • 1166787184999.jpg
  • 1166787193490.jpg
  • 1166787198770.jpg
  • 1166787206517.jpg
Concello
Concello Dixital
Situación
Turismo

Historia do Concello

En Cesuras pódense atopar restos de asentamentos de diversas épocas. Así do período castreño consérvanse e se teñen recoñecido numerosos vestixios, a meirande parte deles coroando zonas altas, facilmente defendibles e próximas a abastecemento de auga e zonas chas de solos fértiles.

Na historia moderna de Galicia este concello ocupa un lugar na Guerra da Independencia coa desaparición de dous escuadróns de artillería do exército francés pertencentes o 60º corpo de mando do Duque de Elchinge. Este feito tivo lugar en Carres, Cesuras, Mandaio, Trasanquelos, Dordaño e Loureda. En febreiro de 1809, os douscentos homes e douscentos cabalos que compoñían as forzas francesas desapareceron como por arte de maxia. Un cabo ferido que escapou e chogou as outras forzas, manifestou que os demais foran dogolados polos aldeanos.

Non se puido atopar rastro nin sinal de revelacion do acontecido. Nin a morte nin os tormentos á que someteron a alguns paisanos foron eficaces. Todo quedou silenciado e o Mariscal Ney impuxo á cidade de Betanzos, provincia á que pertencía Cesuras unha multa de 9.000.000 de reais. Dispuxo que unha columna percorrera as aldeas onde desapareceran os soldados, queimando catro delas e facendo violar nos atrios das igrexas ás mulleres que non poideran escapar, sin respetar idades, fusilando moitos aldeanos e incluso persoas de Betanzos que facía tempo que non se moveran dos seus domicilios.

Posteriormente sóubose que os autores das matanzas dos soldados foran os aldeanos, que cansados de sufrir atropelos, roubos e atentados dos xefes, oficiais e soldados, puxéronse dacordo por medio dos maiordomos e curas das súas parroquias, nunha noite e a unha hora establecida deron morte os soldados, enterrándoos con armamento e efectos, xa de día, en piñeiros do concello. Os cabalos foron conducidos pola noite ata Ribadavia e despois entregados o Marqués de Romana na fronteira de Portugal.

No Antigo Réxime tiña as súas parroquias distribuidas nas xurisdiccións de Betanzos e Mesía.

Cando aparecen os novos concellos constitucionais no que hoxe é concello de Cesuras, figura o concello de Probaos, que figura no partido de Betanzos, e aparece nos documentos que fai a entón Diputación única de Galicia.

Vemos que o concello de Probaos, aparece no repartimento de quintas que fai a Diputación de Galicia o 7 de xullo de 1821, coa obriga de entregar 2 homes e tres cuartos. No repartimento da contribución territorial do 13 de setembro de 1821, figura coa cuota 5.644 rs. 6 ms.

Cando no ano 1822 se fai a división de Galicia en catro provicias, Probaos, que segue no mesmo partido xudicial de Betanzos, pasa a depender da provincia da Coruña.

Cando se fan os proxectos para levar a práctica o R.D. de 23 de xullo de 1835 e publícase pola Deputación Provincial o proxecto do partido xudicial de Betanzos co obxecto de que se poidan facer as observacións, que lles suxira o seu interese polo ben público; na mesma figura o concello de Trasanquelos con catorce parroquias.

O proxecto foi levado para a aprobación definitiva á sesión da Deputación Provincial do 6 de xuño de 1836, onde o proxecto do partido xudicial de Betanzos, sufreu modificacións; en relación co concello de Trasanquelos cambiouse de nome polo de Cesuras e acadouse que lle fose reducido o número de parroquias a trece.

O 15 de xuño de 1836 aparece publicada a instalación definitiva do partido xudicial de Betanzos, na que o concello de Cesuras da Parroquia de Bragade consta das seguintes parroquias nas que non houbo variacións: Santo Estevo de Loureda, Santiago de Paderne, Santa María de Figueredo, San Pedro de Filgueira de Barranca, San Salvador de Trasanquelos, San Pedro de Borrifáns, San Mamede de Bragade, San Xiao de Mandaio, Santa María de Cutián, San Vicenzo de Carres, San Miguel de Filgueira de Traba, Santaia de Probaos e Santa María de Dordaño.

Na pequena etapa dos xulgados comarcais creados pola Orde do 24 de marzo de 1945 Oza dos Ríos, dispón dun xulgado comarcal do que depende o xulgado de paz de Cesuras.

As súas parroquias eclesiasticamente dependen da diócese de Santiago. En principio chamouse concello de Cesuras da Parroquia de Bragade (1836), e polo tanto a entidade de poboación chamada Cesuras, aínda que non está na parroquia de Bragade, senón na de Dordaño, é de onde lle ven o nome.

buzon

logo Mandeo

1202298128630

1210238541241

1202298275583   

1202297526807

  logo-marinas-betanzos

  diputacion